miércoles, 3 de junio de 2009

Aberto por reformas, cerrado por censura.


O luns 1 de xuño os novos xestores da radio pública de Galiza, a Radio Galega, decidían que Xurxo Souto non continuaría á fronte do programa. Souto finalizou esta última emisión final despedíndose dos oíntes, dando as grazas, e reivindicando a riqueza e o valor da música galega: "chega o momento da despedida. Hai máis de tres anos principiabamos esta aventura. E agora chega o momento de dicir adeus, e dicir grazas (...) Grazas a tantos artistas galegos, a tanto talento. Somos un pobo de artistas. Cando chegamos houbo certas dúbidas. Había quen dicía que non había música galega de abondo para encher unha hora de programación diaria. E a verdade, e dígoo sen ningún pudor, é que botamos por fóra. A aventura continúa. Agora chega o tempo de que veñan outros compañeiros para manter aceso este facho sonoro. Ata logho amigos, tres, dous, un, partíu".
VIEIROS.COM
Quant queremos mostrar o noso rechazo a esta decisión, totalmente politica por parte do novo goberno.
E queremos denunciar a persecución á que a partir de agora farase a música e cultura galega e sobre todo en galego.
Como demostran as recentes declaracións do conselleiro de cultura e turismo Roberto Varela:
"La cultura gallega está muy bien pero limita"
PINCHA PARA ALUCINAR
(manda carallo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario