
É o título de libro que o ferrolán Fernando Fernández Rego tirará do prelo da editorial noiesa Toxosoutos este vindeiro mes de abril.
O libro constitúe unha base de datos dos grupos imprescindibles da música galega dende os anos 60 do século pasado, coa súa biografía e discografía comentada. Nesa recopilación participan, ademais do autor, especialistas como Antonio de Los Cafres, Jesús Ordovás (o de Diario Pop), Emilio José, Xavier Valiño e outros.
Sairá á venta en Abril cun dobre CD no que se inserirán cancións de Apeiro, Emilio José, Novedades Carminha, Triangulo de Amor Bizarro, Franc3s, Sevigny, The Homens, Quant, Roger de Flor, Niño y Pistola, Maryland, Igloo, Holywater e máis. O deseño do libro está feito por Pablo Portero.
"Se non viviches aqueles momentos e non escoitaches aquela música, este é un libro imprescindible. E se viviches e escoitaches, aínda máis imprescindible. (Xosé Manuel Pereiro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario