viernes, 10 de junio de 2011

Quant no disco homenaxe a Lois Pereiro


Quant aportaremos unha canción ó disco homenaxe a Lois Pereiro. Para iso temos gravada unha peza musicada baseada neste poema:

Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.

Participarán grandes grupos galegos como Noise Project, Samesugas, O Neno Elliot , Fanny e Alexander ou Projecto Mourente. Non dispoñemos ainda da información de quen ou cando ó edita, pero contarémolo pronto.

QUANT - Batalla que xa sei perdida.
Composta, gravada, mesturada e masterizada en 8 horas nos estudos Sausalito.
OscarQuant: Voz, guitarra, baixo, sintes e programación.
Quincho: Guitarra
Amparo: Coros

No hay comentarios:

Publicar un comentario